Formación responsabilizate

O programa formativo do proxecto RESPONSABILÍZATE  dotará, ás pemes participantes, na fase de diagnóstico, de coñecemento e ferramentas útiles para desenvolver con éxito un modelo de negocio competitivo e sustentable, a través de información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE. Neste sentido, a formación será un dos alicerces para o logro do compromiso de todo o persoal da empresa coa RSE, fomentar a autonomía e por tanto promover cultura da xestión ética e a responsabilidade social nas empresas mellorando as capacidades e o nivel de coñecemento, tanto dos responsables da RSE dentro dunha peme como do persoal pertencente a outras áreas do negocio.

OBXECTIVOS

Coa impartición deste programa formativo, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos concretos:

  • Xerar a sensibilidade e coñecemento sobre a RSE, de tal modo que propicie unha toma de decisión e xiro empresarial cara á adopción de iniciativas en RSE.
  • Achegar formación e información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE.
  • Fomentar a autonomía da peme no desenvolvemento e implantación da RSE.

O programa formativo proposto divídese en tres módulos, orientado cada un deles a un perfil distinto.

MÓDULO 1: A RSE

MÓDULO 2: RSE & COMPETITIVIDADE

MÓDULO 3: RSE & POSICIONAMENTO