Formación responsabilizate
O programa formativo do proxecto RESPONSABILÍZATE dotará, ás pemes participantes, na fase de diagnóstico, de coñecemento e ferramentas útiles para desenvolver con éxito un modelo de negocio competitivo e sustentable, a través de información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE. Neste sentido, a formación será un dos alicerces para o logro do compromiso de todo o persoal da empresa coa RSE, fomentar a autonomía e por tanto promover cultura da xestión ética e a responsabilidade social nas empresas mellorando as capacidades e o nivel de coñecemento, tanto dos responsables da RSE dentro dunha peme como do persoal pertencente a outras áreas do negocio.
OBXECTIVOS
Coa impartición deste programa formativo, preténdese alcanzar os seguintes obxectivos concretos:
- Xerar a sensibilidade e coñecemento sobre a RSE, de tal modo que propicie unha toma de decisión e xiro empresarial cara á adopción de iniciativas en RSE.
- Achegar formación e información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE.
- Fomentar a autonomía da peme no desenvolvemento e implantación da RSE.
O programa formativo proposto divídese en tres módulos, orientado cada un deles a un perfil distinto.
MÓDULO 1: A RSE
MÓDULO 2: RSE & COMPETITIVIDADE
MÓDULO 3: RSE & POSICIONAMENTO