Noticias do sitio

 
 
Imaxe de Rita Puga
TALLERES FORMATIVOS PRESENCIAIS
por Rita Puga - Luns, 19 de Novembro do 2018, 14:24
 

Tal e como vos comentamos, dentro da 1º Fase do programa Responsabilízate, levará a cabo un programa formativo semipresencial que dotará, ás pemes participantes, na fase de diagnóstico, de coñecemento e ferramentas útiles para desenvolver con éxito un modelo de negocio competitivo e sustentable, a través de información actual, práctica e rigorosa en materia de RSE.

Neste sentido, comprácenos convidarvos aos TALLERES FORMATIVOS PRESENCIAIS que se celebrarán en cada unha das provincias galegas e aos que asistirán, exclusivamente, as empresas participantes no programa Responsabilízate.

Co obxectivo de ampliar a información exposta, achégase o programa da xornada.

Agradecemos de antemán a confirmación de asistencia, identificando o taller ao que asistirán e as persoas interesadas en asistir ao evento. Para realizar a inscrición, vos agradeceríamos que antes do 27/11 cubrades os vosos datos no seguinte link http://bit.ly/tallerformativo

ANIMÁDEVOS!!!